theenglishlab-logo-hor-225x60

Summer Camp 2025

Tarifas e programa

underline-negro

POR QUE ELIXIR O SUMMER CAMP 2025 DE THE ENGLISH LAB?

underline-negro

Benvidos ao noso primeiro campamento urbano en The English Lab, unha programación especial e intensiva para seguir aprendendo inglés en verán, orientado a rapaces e rapaces de entre 7 e 13 anos.

PROGRACIÓN EXCLUSIVA

underline-negro

O noso “Summer Camp 2025” non é o típico campamento urbano onde se fan as actividades de sempre. Dende The English Lab levamos traballando meses para deseñar unha programación especial orientada na ensinanza de inglés nun contexto vacacional.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

underline-negro

A nosa programación semanal ou bisemanal permíteche poder seguir practicando inglés de xeito intensivo sen saír de Burela! Dúas semanas de actividades variadas, cun horario de 9.30 a 13.00h, baseadas en temáticas diferentes e orientadas cara a aprendizaxe de idiomas.

MULTIDISCIPLINAR

underline-negro

No “Summer Camp 2025” sacaremos o inglés á rúa! A diferenza dos nosos cursos en período escolar, esta vez combinaremos diferentes disciplinas, dende saídas de campo, visitas pola vila, xogos de exterior e de interior, manualidades, etc, poñendo sempre o foco na práctica lingüística!

FOMENTO DA INTERACCIÓN CULTURAL

underline-negro

A nosa programación está inspiradas en dúas temáticas: “The Ocean” e “Mother Nature”, ambas orientadas a coñecer e relacionarnos coa nosa contorna nun contexto urbán.

Aprende cousas novas acerca da nosa vila e a natureza que a rodea a través da lingua inglesa!

APRENDIZAXE DIVERTIDA E PRÁCTICA

underline-negro

Fieis á nosa filosofía, o Summer Camp de The English Lab está enfocado na aprendizaxe do inglés dun xeito divertido.

O carácter DINÁMINO e LÚDICO do noso campamento, acompañado do seu carácter intensivo, contribúen a unha aprendizaxe natural e sen esforzos!

APRENDER CON SEGURIDADE

underline-negro

O “Summer Camp” de The English Lab conta con tódolos permisos especiais e seguros necesarios para desenvolver a actividade con seguridade.

As baixas ratios, así como a marcaxe dos rapaces con elementos identificativos, contribuirán a establecer un ambiente seguro e familiar.

Anímate a disfrutar dun verán con acento inglés co noso “Summer Camp 2025”! Aprendizaxe e diversión a partes iguais!

Ponte en contacto

underline-negro

Se queres inscribirte no Summer Camp 2025 ou necesitas máis información, non dubides en contactar connosco

Os datos serán recolleitos para xestionar a axenda de contacto para comunicacións propias do negocio establecido, accións promocionais polo responsable dos ficheiros (situados en territorio da unión europea) que é Tania María Tapia Paz (33998709V). Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade. Podes consultar, rectificar ou cancelar os teus datos dirixíndoche ao responsable do ficheiro mediante correo electrónico na dirección theenglishlab.info@gmail.com.

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Escanea o código
Ola! 👋
Como podemos axudarche?
Ir o contido