Cursos de inglés para nenos e nenas de 3 a 6 anos
O obxectivo nestes grupos de idade é conseguir que o alumnado se familiarice coa lingua inglesa, adestrando o oído e comezando a recoñecer palabras e expresións a través das actividades na aula. A creación de rutinas, os xogos, as cancións, os contos, e as tarefas artísticas impartidas en inglés polo profesorado, facilitarán que a aprendizaxe se faga de xeito natural, sensorial e divertido!
- Grupos cun máximo de 6 alumnos
- 2 clases por semana
- 55 minutos por clase
Cursos de inglés para nenos e nenas de 7 a 11 anos
- Grupos cun máximo de 9 alumnos
- 2 clases por semana
- 55 minutos por clase
Cursos de inglés para rapaces e rapazas de 12 a 18 anos
O obxectivo principal nesta franxa de idade é o desenvolvemento da expresión oral do alumnado. Ademais de seguir fomentando a lectoescritura e a adquisición lingüística natural, buscamos exercitar o uso diario da lingua oral, a través de conversas, xogos e actividades que contribúan á normalización do idioma. Nesta etapa, tamén preparamos a os rapaces e rapaces para que afronten EXAMES OFICIAIS (B1, B2, C1) que lles permitan conseguir os certificados necesarios para o seu futuro académico e profesional.
- Grupos cun máximo de 9 alumnos
- 2 clases por semana
- 55 minutos por clase
Cursos de inglés para persoas adultas
- Grupos cun máximo de 9 alumnos
- 2 clases por semana
- 55 minutos por clase