theenglishlab-logo-hor-225x60

Sobre Nós

Benvidos a

The English Lab

underline-negro

Unha academia onde estamos decididos a transformar a experiencia de aprendizaxe de idiomas nunha aventura emocionante e efectiva. O noso obxectivo é conseguir cambiar a ensinanza da lingua inglesa, converténdoa nun proceso divertido e pracenteiro, onde prima a expresión oral por enriba de todo.

Ao igual que ocorre coas linguas maternas, a inmersión e a interacción son esenciais para a aprendizaxe de calquera idioma. En The English Lab non atoparás aburridas clases de gramática, no seu lugar, descubrirás un ambiente onde o inglés se converte nunha ferramenta para a comunicación real e auténtica.

A través dunha metodoloxía lúdica e variada, onde o uso e contacto coa lingua inglesa é constante, buscamos que o noso alumnado aprenda e interiorice o idioma dun xeito paulatino e natural. Pretendemos desterrar o medo ao erro e substituílo pola emoción de comunicarse nun novo idioma. A través de xogos, música, actividades creativas e situacións do mundo real, o noso alumnado embarcaranse nunha viaxe de aprendizaxe chea de diversión e descubrimento. Buscamos construír confianza e fluidez a través do contacto directo e continuado co idioma, mellorando a capacidade comunicativa dende os primeiros anos da infancia ata a idade adulta.

Únete a nós nesta emocionante travesía de aprender inglés de maneira natural e divertida. O teu éxito e o dos teus fillos e fillas é a nosa meta!

Welcome to The English Lab!

the-english-lab-sobre-nos-01
the-english-lab-detalle-01
Tania Tapia Paz

Tania Tapia Paz

Directora de The English Lab

underline-negro

Ola! Son Tania, directora e fundadora de The English Lab. Aínda que me licenciei en Historia da Arte, a aprendizaxe de idiomas sempre estivo ligada ao meu desenvolvemento persoal e profesional. Os estudos, as ganas de ver mundo e finalmente o traballo, leváronme a vivir en Italia, Reino Unido e Estados Unidos durante varios anos. Dita experiencia permitiume adquirir un dominio dos idiomas destes países, así como unha visión moi clara das claves para aprender idiomas.

Despois de varios anos vivindo e viaxando polo estranxeiro, voltei a Burela onde decidín reinventarme profesionalmente como profesora de inglés. Tanto a miña experiencia a nivel persoal á hora de aprender outros idiomas, como o traballo día a día co alumnado de tódolos niveis e idades, permitíronme desenvolver unha metodoloxía efectiva baseada no método natural.

The English Lab é un proxecto educativo resultado de toda a miña bagaxe de aprendizaxe e ensinanza de idiomas, onde o meu principal obxectivo e mellorar as capacidades comunicativas do alumnado dun xeito lúdico e dinámico.

Let’s get started!

Abrir chat
1
Necesitas axuda?
Escanea o código
Ola! 👋
Como podemos axudarche?
Skip to content