Inmersión lingüistica real

underline-negro

Dende The English Lab sabemos que a inmersión lingüística é a forma máis efectiva de aprender un idioma. Por iso, a nosa metodoloxía céntrase en recrear un ambiente no que os nenos aprendan de xeito natural, a través dun enfoque lúdico e contextualizado, baseado nos principios da neurociencia.

Pero… que mellor maneira de vivir unha auténtica inmersión lingüística que a través dunha estadía no estranxeiro?

Levabamos tempo buscando a fórmula ideal para ofrecerlles aos nosos alumnos unha experiencia de INMERSIÓN LINGÜÍSTICA REAL. Por fin, atopámola!

A partir do verán de 2026, os alumnos e alumnas de The English Lab de entre 12 e 18 anos,  poderán desfrutar dunha estadía en Reino Unido ou Irlanda, onde seguir mellorando e poñendo en práctica todo o aprendido durante o curso.

Para que esta experiencia sexa inesquecible, iniciamos unha colaboración con Azur Education, unha empresa especializada en viaxes de intercambio lingüístico, que se encargará de xestionar cada detalle destas viaxes tan especiais.

Que inclúen os programas de The English Lab – Azur Education?

underline-negro

Facilidades de pagamento

underline-negro

Ademais, para que ningunha familia teña que renunciar a esta experiencia tan transformadora para os seus fillos, Azur Education ofrece facilidades de pagamento adaptadas ás necesidades de cada fogar.

Cales son os destinos posibles?

underline-negro

Quen son Azur Education?

underline-negro

Con máis dunha década de experiencia no sector, Azur Education consolidouse como unha empresa de referencia en programas de inmersión lingüística. Ao longo destes anos, milleiros de estudantes e familias confiaron no seu traballo, e hoxe son moitos os que avalan a súa profesionalidade, o seu trato próximo e a calidade das súas viaxes. O seu bo facer e a satisfacción das familias que confiaron neles convértenos no aliado perfecto para que The English Lab ofreza aos seus alumnos unha experiencia única, segura e verdadeiramente transformadora.

Inscríbete agora

Se queres inscribirte nos nosos programas de inmersión ou simplemente che gustaría ter máis información, non dubides en contactarnos.
Ir o contido