Esta política de privacidade establece a forma en que se van xestionar os datos persoais nesta web. É imprescindible que a leas e aceptes antes de seguir navegando.
theenglishlab.es é un proxecto de Tania María Tapia Paz, cuxo é CIF: 33998709V.
Entre os valores cos que nos identificamos está a transparencia, por iso desexamos que coñezas desde o inicio, que a privacidade dos teus datos é moi importante para nós. Nesta declaración de privacidade explícase que datos persoais recollamos dos nosos usuarios e como os utilizamos. Invitámosche a ler detidamente estes termos antes de facilitar os teus datos persoais nesta web. Os maiores de trece anos poderán rexistrarse en theenglishlab.es como usuarios sen o previo consentimento dos seus pais ou titores.
No caso dos menores de trece anos requírese o consentimento dos pais ou titores para o tratamento dos seus datos persoais.
En ningún caso se recollerán do menor de idade datos relativos á situación profesional, económica ou á intimidade doutros membros da familia, sen o consentimento destes.
Se es menor de trece anos e accediches a este sitio web sen avisar aos teus pais, non debes rexistrarte como usuario.
Nesta web respectanse e coídanse os datos persoais dos usuarios. Como usuario debes saber que os teus dereitos están garantidos.
Esforzámonos en crear un espazo seguro e confiable e por iso queremos compartir os nosos principios respecto á túa privacidade:
- Nunca solicitamos información persoal a menos que realmente sexa necesaria para prestarte os servizos que nos requiras.
- Nunca compartimos información persoal dos nosos usuarios con ninguén, agás para cumprir coa lei ou no caso de que contemos coa túa autorización expresa.
- Nunca utilizaremos os teus datos persoais con unha finalidade diferente á expresada nesta política de privacidade.
É preciso advertir que esta Política de Privacidade podería variar en función das esixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella aos usuarios que a visiten periodicamente. Será aplicable no caso de que os usuarios decidan cubrir algún formulario de calquera dos seus formularios de contacto onde se recollan datos de carácter persoal.
The English Lab adaptou esta web ás esixencias da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), e ao Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de desenvolvemento da LOPD. Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), así como coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).
Responsable do tratamento dos teus datos persoais
- Identidade do Responsable: Tania María Tapia Paz
- Nome comercial: The English Lab
- NIF/CIF: 33998709V
- Enderezo: Rúa de Rosalía de Castro, 77, Baixo, 27880 Burela (Lugo)
- Correo electrónico: theenglishlab.info@gmail.com
- Actividade: Academia de idiomas
A efectos do previsto no Regulamento Xeral de Protección de Datos antes citado, os datos persoais que nos envíes a través dos formularios da web, recibirán o tratamento de datos de “Usuarios da web e subscritores”.
Para o tratamento de datos dos nosos usuarios, implementamos todas as medidas técnicas e organizativas de seguridade establecidas na lexislación vixente.
Principios que aplicaremos á túa información persoal
No tratamento dos teus datos persoais, aplicaremos os seguintes principios que se axustan ás esixencias do novo regulamento europeo de protección de datos:
- Principio de licitude, lealdade e transparencia: Sempre solicitaremos o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais para un ou varios fins específicos que che informaremos previamente con absoluta transparencia.
- Principio de minimización de datos: Só solicitaremos datos estritamente necesarios en relación cos fins para os que os requerimos. Os mínimos posibles.
- Principio de limitación do prazo de conservación: os datos serán mantidos durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento, en función da finalidade, informareiche do prazo de conservación correspondente, no caso de subscricións, periodicamente revisaremos as nosas listas e eliminaremos aqueles rexistros inactivos durante un tempo considerable.
- Principio de integridade e confidencialidade: Os teus datos serán tratados de tal xeito que se garanta unha seguridade adecuada dos datos persoais e se garanta confidencialidade. Debes saber que tomamos todas as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou uso indebido dos datos dos nosos usuarios por parte de terceiros.
Como obtivemos os teus datos?
Os datos persoais que tratamos en The English Lab proceden de:
- Formulario de contacto
- Formulario de subscrición
- Comentarios no blog
- Formulario de solicitude de servizos
- Formulario de venda